Horarios.
Trofeos.
Percorridos.
Máis información.
Ver cartel.
Info en castellano
MEMORIAL CARLOS FORNOS/TROFEO JOSÉ RAMÓN CORRAL 2018
O domingo 3 de xuño a partir das 10:30 terá lugar no Lago das pontes a desputa do Memorial Carlos Fornos/Trofeo José Ramón Corral 2018.
Regata das modalidades de K4 e C4 das ligas galegas de cadetes, junior, senior e veteranos, tanto masculinas coma femeninas.
Estará encadrada no Grupo 1 da Liga Galega.
Horarios
Cadetes (TODOS: homes k4 e c4 e mulleres k4) e mulleres C4: 10:30, 2 voltas,
Mulleres junior e senior (k4), Home C4 Junior e senior: 11:15, 3 voltas,
k4 home senior, junior e veterano: 12:30, 3 voltas.
As mulleres C4 participarán (se as houbese) coma una única categoría absoluta.
Voltas de 3km aproximadamente.
Ao final das 2 primeiras voltas (na primeira para os cadetes) portearase pola praia por unha distancia duns 75m. A zona límite de embarque e desembarque estará debidamente sinalizada con bandeiras e valados.
A sáida sera dende a praia co carto integrante da embarcación en terra situado detrás dunha liña de cinta e na zona delimitada para as saidas na parte máis á dereita da praia.
A organización recomenda o uso de cubrebañeiras e achicadores en todas as embarcacións.
Trofeos
Ademáis dos premios "individuais" ás tres priemeiras embarcacións de cada categoría, a organización fará entrega dos seguintes trofeos:
- Trofeo memorial Carlos Fornos: mellor equipo senior, junior e veterano home (k4+c4)
- Trofeo memorial José Ramón Corral: mellor equipo cadete home (k4+c4)
- Trofeo Concello das Pontes: mellor equipo feminino (todas as categorías).
Percorridos
Percorrido previsto
Percorridos alternativos en caso de vento forte perpendicular á praia
En caso de que as condicións meteorolóxicas sexan de vento forte cabe a posibilidade de que a regata se realice no Encoro da Ribeira, xunto as instalacións do Grupo Xuvenil.
Se avisaría con 24 horas de antelación.
Instalacións
Volver ao inicio da páxina.
Outra información.
Se permiten as embarcacións con tripulantes de diferentes clubes non puntuables, pero con dereito a trofeo.
Haberá bolsas con bocadillo e bebida para os participantes.
As inscricións poderán realizarse a través da web da federación para equipos galegos ou do correo kayak-canoa@fegapi.org para equipos de fora de Galicia e embarcacións con deportistas de diferentes clubes.
Horarios.
Trofeos.
Percorridos.
Máis información.
Volver ao inicio da páxina.
|