logo_texto

Horarios. Recomendacións. Máis información. Inscricións.

CURSOS DE PIRAGÜISMO 2025

Este ano os cursos de piragüismo do Grupo Xuvenil comezan o día 1 de xullo no Lago das Pontes.

A idade mínima para participar son 7 anos sen límite superior.
O único requisito é saber nadar e ter ganas de facer deporte e divertirse.

Aos participantes tramitaráselles licencia federativa.

Se te queres apuntar só tes que entrar na seguinte ligazón, cubrir os datos -dun titor e do neno ou nena, incluíndo unha foto tipo carné para a licencia- aquí. O pago realízase na mesma páxina con tarxta.
Se xa es socio do Grupo Xuvenil o curso é gratuíto, senón o custo do curso é de 40€ (inclúe licencia e seguro).

Horarios

Este ano haberá catro quendas:

  • do 30 de xuño ao 11 de xullo.
  • do 14 de xullo ao 25 de xullo.
  • do 28 de xullo ao 8 de agosto.
  • do 19 ao 29 de agosto.
De luns a venres 11:00 a 13:00 horas.

cursos 2025

Recomendacións

Recomendase levar a seguinte ropa:

  • Bañador ou mallas de licra,
  • Camiseta (que seque facil, ideal licra de manga curta),
  • Chanclas ou escarpíns de neopreno,
  • Toalla,
  • Chandal ou ropa deportiva e zapatillas deportivas,
  • Protector solar é recomendable, aínda que non sempre sae o sol.
Todos os participantes no cursiño levarán chaleco salvavidas que lles proporcionará o club.

Podes inscribirte a través da web e a app Cluber pinchando na seguinte aquí ligazón.

Máis información no correo xuvenil@gmail.com.

Horarios. Recomendacións. Máis información. Ver inscrición. Volver ao inicio da páxina.

aspontes
deputacion
deporte
non
cluber
amigus
© Grupo Xuvenil | Ubicación | Aviso Legal |