logo_texto

Horarios. Recomendacións. Máis información. Ver impreso.

CURSOS DE PIRAGÜISMO 2024

Este ano os cursos de piragüismo do Grupo Xuvenil comezan o día 1 de xullo no Lago das Pontes.

A idade mínima para participar son 7 anos sen límite superior.
O único requisito é saber nadar e ter ganas de facer deporte e divertirse.

Aos participantes tramitaráselles licencia federativa.

Se te queres apuntar só tes que enviar a xuvenil@gmail.com ou entregar nas instalacións do club de piragüismo o impreso de inscrición que podes descargar aquí cuberto e asinado xunto cunha foto tamaño carné co nome por detrás antes do 24 de xuño.
Se xa es socio do Grupo Xuvenil o curso é gratuíto, senón o custo do curso é de 40€ (inclúe licencia e seguro). O pago realizarase por transferencia bancaria á conta de Abanca ES81 2080 0230 6130 4000 4767 ou por PayPal a xuvenil@gmail.com indicando no concepto o nome do cursillista.

Horarios

Este ano haberá catro quendas:

  • do 1 ao ao 12 de xullo.
  • do 15 de xullo ao 2 de agosto.
  • do 5 ao 16 de agosto.
  • do 19 ao 30 de agosto.
De luns a venres 11:00 a 12:00 horas.

cursos 2024

Recomendacións

Recomendase levar a seguinte ropa:

  • Bañador ou mallas de licra,
  • Camiseta (que seque facil, ideal licra de manga curta),
  • Chanclas ou escarpíns de neopreno,
  • Toalla,
  • Chandal ou ropa deportiva e zapatillas deportivas,
  • Protector solar é recomendable, aínda que non sempre sae o sol.
Todos os participantes no cursiño levarán chaleco salvavidas que lles proporcionará o club.

Podes descargar o impreso pinchando aquí o impreso para cubrir e apuntarte.

Máis información no correo xuvenil@gmail.com, no teléfono 675 95 22 87 ou nas instalacións do club de martes a venres de 17:30 a 20:00 h.

Horarios. Recomendacións. Máis información. Ver impreso. Volver ao inicio da páxina.

aspontes
deputacion
deporte
non
amigus
© Grupo Xuvenil | Ubicación | Aviso Legal |