logo_texto

PROTOCOLO DE UTILIZACIÓN DO XIMNASIO DO CLUB DURANTE O ESTADO DE ALARMA SANITARIA POLA COVID-19. GRUPO XUVENIL DE PIRAGÜISMO AS PONTES

OBXECTIVOS:


Elaborar un protocolo de actuación para coordinar aos socios que queiran practicar o piragüismo e utilizar o ximnasio do club. O protocolo terá como eixes principais: desinfección, control de aforo e quendas de entrada e saída.

VIXENCIA:

Este protocolo manterá a súa vixencia durante o tempo que duren as medidas excepcionais tomadas polo goberno durante a alerta sanitaria provocada pola Covid-19.

Cando finalicen esas medidas excepcionais a directiva do club, en función de consideracións sanitarias e sempre que se considere que aínda existen riscos sanitarios, estudará a posibilidade de manter algunha das normas deste protocolo como de obrigado cumprimento ou como recomendacións.

NORMATIVA DE ADESTRAMENTOS DURANTE A ALERTA SANITARIA.


O artigo 42 da «Orden SND/414/2020, de 16 de mayo, para la flexibilización de determinadas restricciones de ámbito nacional establecidas tras la declaración del estado de alarma en aplicación de la fase 2 del Plan para la transición hacia una nueva normalidad», recolle o seguinte

Artículo 42. Apertura de instalaciones deportivas cubiertas.

1. Se podrá proceder a la apertura de las instalaciones deportivas cubiertas para la realización de actividades deportivas con las limitaciones que recoge este artículo.

2. Podrá acceder a las mismas cualquier persona que desee realizar una práctica deportiva, incluidos los deportistas de alto nivel, de alto rendimiento, profesionales, federados, árbitros o jueces y personal técnico federativo.

A los efectos de esta orden, se considera instalación deportiva cubierta toda aquella instalación deportiva, con independencia de que se encuentre ubicada en un recinto cerrado o abierto, que se encuentre completamente cerrada y que tenga techo y que permita la práctica de una modalidad deportiva.

3. La actividad deportiva requerirá la concertación de cita previa con la entidad gestora de la instalación. Para ello, se organizarán turnos horarios, fuera de los cuales no se podrá permanecer en la instalación.

4. En las instalaciones deportivas cubiertas, se podrá permitir la práctica deportiva individual o aquellas prácticas que se puedan desarrollar por un máximo de dos personas en el caso de modalidades así practicadas, siempre sin contacto físico manteniendo las debidas medidas de seguridad y protección, y en todo caso la distancia social de seguridad de dos metros. Asimismo, se respetará el límite del treinta por ciento de capacidad de aforo de uso deportivo en cada instalación, tanto en lo relativo al acceso, como durante la propia práctica, habilitándose un sistema de acceso que evite la acumulación de personas y que cumpla con las medidas de seguridad y protección sanitaria.

5. Únicamente podrá acceder con los deportistas un entrenador en el caso de que resulte necesario, circunstancia que deberá acreditarse debidamente. Se exceptúan las personas con discapacidad o menores que requieran la presencia de un acompañante.

6. Se podrán utilizar los vestuarios, respetando lo dispuesto al efecto en las medidas generales de prevención e higiene frente al COVID-19 indicadas por las autoridades sanitarias.

Lo dispuesto en este apartado será de aplicación en esta fase 2 a los centros deportivos regulados en el artículo 42 de la Orden SND 399/2020, de 9 de mayo.

7. Se procederá a la limpieza y desinfección de las instalaciones de acuerdo con lo señalado en el artículo 6. Asimismo, a la finalización de cada turno se procederá a la limpieza de las zonas comunes y, en cada turno, se deberá limpiar y desinfectar el material compartido después de cada uso. Al finalizar la jornada se procederá a la limpieza de la instalación, reduciéndose la presencia del personal al número mínimo suficiente para la prestación adecuada del servicio.

8. En todo caso, los titulares de la instalación deberán cumplir con las normas básicas de protección sanitaria del Ministerio de Sanidad. Si en la instalación deportiva se realizan otras actividades, o se prestan otros servicios adicionales no deportivos, deberán cumplir con la normativa específica que en cada caso corresponda.

Outras normas:

Orde SND/388/2020; Orde SND/380/2020; Orde TMA/400/2020; Orde SND/399/2020; Orde SND/399/2020.

Calquera norma que diten as autoridades con posterioridade e que afecte ao funcionamento das instalacións deportivas será de aplicación.

CONSIDERACIÓNS XERAIS E ACLARACIÓNS PREVIAS.

  • A utilización do ximnasio estará permitida exclusivamente aos socios do club e os usuarios que formen parte da súa unidade familiar.

  • Para o acceso ao ximnasio terán preferencia os deportistas federados que formen parte dos equipos de competición, pero facilitarase o uso da instalación a todos os socios na medida do posible.

  • Os deportistas e socios menores de idade deberán ir acompañados dun adulto.
    O acceso ao encoro pode realizarse en vehículo privado. Solicítase a todos os usuarios que os coches, furgonetas e similares queden aparcados na explanada principal.

  • O máis importante para a volta ao uso do ximnasio é evitar os contaxios para o que o club porá todos os medios á súa disposición e se solicita a máxima responsabilidade persoal a cada usuario.

  • ESTAS NORMAS SON DE OBRIGADO CUMPRIMENTO.

  • O incumprimento dalgunha das normas que abaixo se redactan, implicará automaticamente a denegación de adestramentos mentres dure o estado de alarma.

  • En caso de incumprimento grave ou reiterado a directiva do club poderá aplicar medidas sancionadoras máis estritas.

  • O club articulará as medidas de control de aforo e acceso que considere necesarias.

(Protocolo suxeito a cambios; poderá ser modificado segundo as ordes das autoridades sanitarias).

Consideracións previas e actuacións preventivas:



  • Cada deportista antes de saír de casa deberá tomarse a temperatura para asegurarse de que non ten febre.
    Recoméndase o uso de mascarilla.

  • Recoméndase aos deportistas vir cambiados de casa.

  • O deportista manterá sempre unha distancia de seguridade dun mínimo de 2m. Esta distancia perimetral de 2 metros manterase mentres o deportista estea no ximnasio e nas zonas de acceso a este.

  • Dúas veces ao día, a mediodía e á noite, procederase a unha limpeza e desinfección xeral do ximnasio durante a cal non poderá haber ningún usuario dentro.

  • Ante calquera síntoma (tos, febre, dificultade para respirar, etc) que puidese estar asociada á covid-19, non se debe acudir ao club, ante esta situación tense que contactar coas autoridades sanitarias.

  • Si algún membro do club estivo en contacto ou convivindo con persoas con síntomas ou afectadas pola covid-19, debe esperar como mínimo 14 días antes de poder vir adestrar ao club.

Prioridades de entrada no club:


Para evitar a formación de grupos e coordinar a todos os socios e socias que queiran adestrar, estableceranse quendas de uso de un máximo de 4 persoas.

En caso de coincidencia de máis de 4 usuarios no mesmo horario invitarase aos afectados a negociar a súa preferencia apelando ao sentido común e ao espírito de compañeirismo que debería rexer toda a actividade do club. En todo caso recomendase ter en conta os motivos laborais e familiares á hora de negociar. En caso de non haber acordo amigable entre os socios a directiva do club tratará de mediar e, chegado o caso decidir a preferencia, sempre segundo criterios obxectivos como a maior antigüidade no club, as con necesidades excepcionais por cuestións de saúde, horario laboral ou conciliación familiar.

Cando os deportistas dos equipos de competición necesiten adestrar no ximnasio o club poderá reservar as horas necesarias para eles que considere o adestrador.




Normas de uso do ximnasio:



  • O acceso ás instalacións do club quedará PROHIBIDO a toda persoa allea ao mesmo.
    As duchas permanecerán pechadas ata que as condicións de seguridade sanitaria permitan a súa apertura.

  • O aforo máximo do ximnasio será de 4 persoas que tentarán sempre de manter a distancia de 2 m entre elas.

  • O tempo máximo de permanencia no ximnasio será de unha hora.

  • Non se poderá compartir ningún tipo de material de aseo: toallas, chancletas, etc.

  • Non se poderán compartir bebidas entre deportistas, se algún deportista necesita hidratarse terá que traer a súa propia bebida da casa. Recoméndase a estas persoas que traian as súas propias botellas, que as marquen dalgún xeito para identificar que son súas.

  • Non se poderá alternar entre diferentes exercicios que supoñan o uso de aparatos distintos. Realizaranse as series necesarias en cada aparato ou máquina antes de pasar a utilizar outro distinto.

  • Antes e despois do uso de cada aparato, máquina, barra ou colchoneta o deportista procederá a pulverizala con solución hidroalcohólica, solución de hipoclorito sódico lixivia ou desinfectante homologado similar e pasarlle un pano de papel que se depositará no lixo.

  • O club porá a disposición dos usuarios pulverizadores con desinfectante e rollo de papel para o anterior punto.


Horarios e franxas:


Cada deportista terá que realizar a «reserva» do horario cun mínimo dun día de antelación por medio do formulario web establecido para este fin (que se poderá consultar na nosa web www.xuvenil.com na sección “Reserva Ximnasio Covid-19”). En canto ao horario é importante cumprir os horarios acordados e prégase puntualidade.
O ximnasio permanecerá pechado de 12:00 a 13:00 e de 20:00 a 21:00 para realizar limpeza e desinfección completa.
Nos adestramentos dos menores de idade membros dos equipos de competición estará presente durante o uso do ximnasio o adestrador ou outro maior de idade no que delegue.



aspontes
deputacion
deporte
non
amigus
© Grupo Xuvenil | Ubicación | Aviso Legal |