logo_texto

Consideracions Xerais. Normativa. Prioridades. Consideracións previas. Previsións de datas. Uso das instalacións. Uso do material. Actuacións preventivas. Horarios. Recomendacións da RFEP.

PROTOCOLO DE VOLTA AOS ADESTRAMENTOS DURANTE O ESTADO DE ALARMA SANITARIA POLA COVID-19. GRUPO XUVENIL DE PIRAGÜISMO AS PONTES

Versión completa para descargar.

CONSIDERACIÓNS XERAIS E ACLARACIÓNS PREVIAS. FASE 3

Dacordo coa Orde SND/458/2020, de 30 de maio, a partires do luns 8 de xuño adáptanse as normas xeráis de uso das instalacións e volta aos adestramentos que serán as seguintes:

  • O acceso á auga dos cadetes e categorías inferiores só estará permitida si na mesma franxa horaria de adestramento hai unha persoa adulta presente. 
  • Os padexeiros menores de idade poden ir acompañados dun adulto. 
  • Permítense os adestramentos de tipo medio en grupo e reunións técnicas de ata 20 persoas.
  • Poderánse utilizar os vestiarios e duchas do club mantendo sempre no interior a distancia de seguridade de 2 metros, polo que o aforo no vestiario quedará limitado a 6 persoas e nas duchas a 3.
  • Non será preciso a concertación de cita previa para os adestramentos.

ESTAS NORMAS SON DE OBRIGADO CUMPRIMENTO.
O incumprimento dalgunha das normas que abaixo se redactan, implicará automaticamente a denegación de adestramentos mentres dure o estado de alarma.
(Protocolo susceptible a cambios; poderá ser modificado segundo as ordes das autoridades sanitarias.)

Normativa de adestramentos durante a alerta sanitaria.

  • Orde SND/414/2020
  • Orde SND/388/2020
  • Orde SND/380/2020
  • Orde TMA/400/2020
  • Orde SND/399/2020
  • Orde SND/399/2020
  • Orde SND/458/2020

Consideracións previas:
- Ante calquera síntoma (tos, febre, dificultade para respirar, etc) que puidese estar asociada á covid-19, non se debe acudir ao club, ante esta situación tense que contactar coas autoridades sanitarias. 
- Si algún membro do club estivo en contacto ou convivindo con persoas con síntomas ou afectadas pola covid-19, debe esperar como mínimo 14 días antes de poder vir adestrar ao club.
- Cada padexeiro antes de saír de casa deberá tomarse a temperatura para asegurarse de que non ten febre.

Obxectivos:
Elaborar un protocolo de actuación para coordinar aos deportistas federados que queiran practicar o piragüismo. O protocolo terá como eixes principais: desinfección, control de aforo e quendas de entrada e saída.

Prioridades de entrada no club:
Para evitar a formación de grupos e coordinar a todo/as padexeiro/as que queiran adestrar, estableceranse dous grupos: 
- Grupo 1, serán os padexeiros maiores de idade e os cadetes. 
- Grupo 2, serán os padexeiros infantís e categorías inferiores. 

Uso das instalacións:  
O acceso ás instalacións do club quedará PROHIBIDO a toda persoa allea ao mesmo. 
Poderánse utilizar os vestiarios e duchas do club mantendo sempre no interior a distancia de seguridade de 2 metros, polo que o aforo no vestiario quedará limitado a 6 persoas e nas duchas a 3. 
O tempo de permanencia nas instalacións será o mínimo imprescindible para cambiarse, ducharse e recoller o material para adestar. 
Poderán permanecer no interior do hangar das embarcacións ata un máximo de 10 persoas simultaneamente pero sempre tentando manter a distacia de seguridade de 2 metros e eviatando o contacto entre persoas.

Normas de uso do material: 

  • Unha vez finalizado o adestramento, cada padexeiro maior de idade ou o adestrador dos menores desinfectará a súa piragua e pala cunha disolución de hipoclorito sódico (lixivia ou desinfectante que o club poña á súa disposición) nunha proporción de 20 ml por cada litro, e deixará o material no estante que lle corresponde. Nos kayaks é importante que se desinfecten ben a zona do repousapés, asento e a zona que vai diante do rompeondas. 
  • As piraguas serán de uso individual, non poderán ser compartidas entre varios deportistas. 
  • As palas deixarase desinfectadas no seu lugar correspondente. 
  •  
  • Non se poderá compartir ningún tipo de material de aseo: toallas, chanclas, etc. 
  • Non se poderán compartir bebidas entre deportistas, si algún deportista necesita hidratarse, terá que traer a súa propia bebida de casa. Recoméndase a estas persoas que traian as súas propias botellas, que as marquen dalgún xeito para identificar que son súas. 
  • Con carácter xeral, ningún padexeiro poderá compartir material. Calquera material utilizado terá que ser desinfectado tras cada uso. 
  • Os padexeiros de uso obrigatorio de chaleco deixaranos na zona indicada para a súa desinfección tras cada uso. 

Actuacións preventivas: 

  • Cada padexeiro antes de saír de casa deberá tomarse a temperatura para asegurarse de que non ten febre. 
  • Aqueles padexeiros que teñan/necesiten entrar nalgunha das instalacións terá que facer unha desinfección das mans con xel hidroalcohólico á entrada da instalación, e recoméndase o uso de mascarilla. O xel estará a disposición do deportista. 
  • No momento que se incorpore o adestrador terá que utilizar obrigatoriamente mascarilla e luvas para as labores de desinfección. 
  • Recoméndase aos deportistas vir cambiados de casa. 
  • O deportista manterá sempre unha distancia mínima de seguridade dun mínimo de 2m. Esta distancia perimetral de 2 metros manterase mentres o deportista está en terra e unha vez baixe á auga esta distancia aumentarase a 4 metros. Recoméndase non ir á ola doutro padexeiro. 

Horarios e franxas: 
O horario de apertura do club será de luns a venres de 9:00 a 12:00 h. 
Calquera deportista que necesite adestrar fora do horario xeral deberá facerse cargo de limpar e desinfectar o seu material e as instalacións que utilice. Non se recomenda utilizar os vestiarios fora do horario xeral.
A incorporación aos adestramentos farase do seguinte xeito: no caso de asistir máis dun padexeiro ao adestramento na mesma mesma franxa horaria, para coller o material e embarcar-desembarcar manterase sempre a distancia de seguridade de 2 metros.  
Os menores de idade adestrarán nos horarios que lles marque o adestrador. 

rfep

Consideracions Xerais. Normativa. Prioridades. Consideracións previas. Previsións de datas. Uso das instalacións. Uso do material. Actuacións preventivas. Horarios.

aspontes
deputacion
deporte
non
amigus
© Grupo Xuvenil | Ubicación | Aviso Legal |