logo_texto

INSTRUCIÓNS PECHADURA ELECTRÓNICA


A partires do día 9 de abril o acceso ao ximnasio efectuarase mediante pechadura electrónica e non con chave tradicional.

Para poder acceder necesitaredes un teléfono móbil coa aplicación Nearkey instalada e solicitar o acceso enviando un correo electrónico ao club (xuvenil@gmail.com) indicando o nome do socio e os nomes dos usuarios coas direccións dirección de correo que usedes para dar de alta a aplicación.



Podedes instalar a aplicación dende aquí:





https://play.google.com/store/apps/details?id=com.virkey.basic.cordova&hl=es





https://apps.apple.com/es/app/nearkey/id1315035954



  • Unha vez instalada a aplicación no teléfono inicie a aplicación e introduza o correo electrónico co que solicitara a alta.

  • Nearkey enviará un correo electrónico á dirección introducida para verificar a identidade do usuario. Comprobe a bandexa de entrada e spam.

  • Pulse o botón entrar que aparecerá no correo electrónico, isto lle redirixirá á aplicación de Nearkey.

Para abrir a porta:

  • Cando estea cerca da porta active no seu teléfono a localización e o Bluetooth e abra a aplicación. Se está á distancia axeitada (uns 10 metros dependendo do teléfono) aparecerá no seu terminal unha ventá similar a esta:

  • Na parte superior dereita podemos observar dúas cousas:

  • Icona con cinco barras. Esto indica a proximidade do noso telefono respecto ao pechadura, sendo unha barra o mínimo e cinco o máximo.

  • Cor das barras. Esto indica a conexión coa pechadura, se non se pulsou o botón aparecerá en vermello. En el caso de interactuar coa pechadura esta icona cambia a cor verde.

  • Pulse o botón e a pechadura abrirá durante uns 3 segundos nos que pode empuxar a porta (funciona como os porteiros automáticos das casas, pero non fai case ruído).

aspontes
deputacion
deporte
non
amigus
© Grupo Xuvenil | Ubicación | Aviso Legal |